Monday 06 de May de 2024

Os irmáns Ruibal reciben o recoñecemento popular na 55 edición das Noites de Tasca


A parroquias de Buscás vibrou pola noite coa gran foliada que se montou grazas á 55 edición das Noites do Tasca, organizadas pola agrupación de gaitas Os Viqueiras, e que nesta ocasión contou coa colaboración do Concello de Ordes e da Federación de Grupos de Música e Baile Tradicional da Comarca.
A xuntanza tivo dous protagonistas de excepción, os irmáns José María e Florentino Ruibal (Flor da Maquía), pertencentes ao antigo grupo Airiños de Buscás. Precisamente foi o concelleiro de Cultura, José Manuel Mira, quen lles manifestou este aprezo e recoñecemento popular coa entrega dunha placa conmemorativa. Todos e todas desfrutaron do lindo coa boas música e o baile, sobre todo no momento dos máis novos e novas da asociación Camiño Real de Poulo.